Por ser abonado/a das instalacións, goza dunha tarifa especial no Hotel Augusta Spa Resort****superior.

O teu carné de abonado váleche para moito máis que para vir ao ximnasio. Agora, por ser abonado/a do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel, poderás beneficiarte durante todo o 2009 dunha tarifa especial* no Hotel Augusta Spa Resort****superior, en Sanxenxo (Pontevedra).
Por un prezo de 50 euros por persoa e noite en habitación doble, gozarás dun amplo abano de servizos: aloxamento, almorzo en buffet, garaxe, acceso a Internet Wi-Fi gratuito, uso das instalacións Wellness do Hotel (3 piscinas climatizadas interiores con chorros cervicais e lumbares, 5 jacuzzis, saunas, ximnasio, mini golf, pádel, etc), e unha chequeira de desconto nos tratamentos da carta de servizos SPA.
Para efectuar a túa reserva debes contactar co Hotel a través da Central de Reservas (teléfono 986 72 78 78), enviando un fax ao 986 72 70 60 ou a través da web www.reservas@augustasparesort.com, facilitando o teu nome, número de abonado/a e o localizador FGP2009.
* Oferta suxeita á dispoñibilidade do hotel. Vixencia ano 2009 agás en temporada alta.

Pin It