O teu carné de abonado serve para moito máis que para vir ao ximnasio

O teu carné de abonado sérveche para moito máis que para vir ao ximnasio. Tamén che axudará a recortar un pouco os teus gastos sen renunciar ás túas necesidades e ó teu tempo de lecer. Porque por ser abonado/a do Multiusos Fontes do Sar ou do Complexo Deportivo Santa Isabel podes beneficiarte de descontos especiais no centro de estética, no servizo de Neodepilación por láser e Fotodepilación, en determinados eventos e na tenda de deportes Decathlon de Santiago de Compostela. Se queres optar a estes prezos especiais tan só tes que amosar o seu carné de abonado. A qué esperas?
En MULTIESTETIC, o salón de estética situado no nivel 1 do Multiusos Fontes do Sar, poderás gozar dun 20% de desconto no completo abano de servizos e cosméticos que se oferta: tratamentos faciais específicos, limpeza de cute, presoterapia e electroestimulación, aparatoloxía de rexuvenecemento, bronceado sen sol (con aerógrafo), depilación á cera, cosmética termal e de extracto de baba de caracol, maquillaxe orgánica… Amais, terás tarifas especiais para a PLATAFORMA VIBRATORIA (desde 5 euros/sesión) e poderás beneficiarte dun 30% de desconto en NEODEPILACIÓN POR LÁSER E FOTODEPILACIÓN, un servizo que está a ofertar a empresa Depilclub no centro de estética.
Para que poidas optimizar o teu tempo de lecer, o Multiusos Fontes do Sar programa ao longo do ano numerosos EVENTOS e ESPECTÁCULOS nos que terás un prezo especial por ser abonado/a. En determinados concertos podes aforrar ata un 15% na túa entrada. En certos espectáculos infantís tense contemplado ata un 50% de rebaixa sobre o prezo da localidade. E nalgúns eventos, se presentas o teu carné de abonado, pagarás só a metade (ex. Pista de xeo instalada durante o Nadal no recinto feiral de Amio).
Para que poidas vestir á última en moda deportiva, agora tamén podes gozar dun 5% de desconto nas túas compras en DECATHLON. Este desconto só se aplicará na tenda de Santiago de Compostela e en todos aqueles produtos que non estean rebaixados. Se queres beneficiarte do desconto tan só tes que presentar o teu carné de abonado en caixa á hora de efectuar o pagamento.
E para que poidas gozar dunha fin de semana ou dunhas vacacións co máximo confort, agora poderás beneficiarte durante todo o 2009 dunha tarifa especial* no Hotel Augusta Spa Resort****superior, en Sanxenxo (Pontevedra). Por un prezo de 50 euros por persoa e noite en habitación doble, gozarás dun amplo abano de servizos: aloxamento, almorzo en buffet, garaxe, acceso a Internet Wi-Fi gratuito, uso das instalacións Wellness do Hotel (3 piscinas climatizadas interiores con chorros cervicais e lumbares, 5 jacuzzis, saunas, ximnasio, mini golf, pádel, etc), e unha chequeira de desconto nos tratamentos da carta de servizos SPA. Para efectuar a túa reserva debes contactar co Hotel a través da Central de Reservas tlfno 986 72 78 78), enviando un fax ao 986 72 70 60 ou enviando un correo a reservas@augustasparesort.com, facilitando o teu nome, número de abonado/a e o localizador FGP2009. A oferta está suxeita á dispoñibilidade do hotel e está vixente no ano 2009 agás en temporada alta.

Pin It