ENTREVISTA a Jose Carril, instructor de sala

– Eres instructor de sala no Multiusos Fontes do Sar, ¿en que consiste o teu traballo?
O meu traballo céntrase en asesorar aos usuarios en relación aos seus programas de adestramento. En xeral, guío ás persoas á hora de realizar exercicio físico nas salas de musculación e cardiovascular, co fin de lograr un clima saudable nas instalacións.
– ¿Consideras que os abonados do Multiusos Fontes do Sar gozan dunha boa condición física?
Nun complexo con tantos abonados mestúranse profesionais do deporte, con moi boa condición física, e persoas que practicamente non fan exercicio… Pero, a grandes rasgos, os usuarios gozan dunha aceptable condición física.
– ¿Que é o que máis che demanda la gente?
Exercicios para baixar a barriga, para endurecer os glúteos, para fortalecer as costas e a zona lumbar. Tamén piden táboas de musculación.
– En xeral, ¿os composteláns adestran ben, ou precisan normalmente do asesoramento dun profesional?
A maioría necesita axuda dun instructor, xa que descoñece o perigo que conleva a execución incorrecta de determinados exercicios. É preferible deixarse asesorar por un profesional para aproveitar todos os beneficios do deporte. O seu corpo o agradecerá.
– ¿Cales son as dúbidas habituais dos usuarios?
Fanme preguntas do tipo ¿que teño que facer para baixar barriga?, ¿canto tempo tardarei en muscular?, ¿que dieta podo facer?, ¿canto tempo debo facer en cardio para queimar máis graxa?
– Na práctica deportiva, ¿que falso mito che gustaría desmontar?
Moita xente pensa que para queimar graxa só hai que facer cardio (bicicleta, elíptica, cinta…), cando é moi aconsellable ir tamén á sala de musculación, pois as pesas aceleran moitísimo o metabolismo.
– A alguén que se inicia no ximnasio, ¿que tipo de traballo cardiovascular lle recomendarías?
Ao principio é mellor que comece con exercicio a baixa intensidade (caminando, facendo elíptica, bicicleta…) e cando note unha ceerta melloría física, que vaia a actividades dirixidas.
– Na túa opinión, ¿por que a xente debe practicar deporte con regularidade?
Porque de xeito moderado é bo para a saúde, porque é o mellor remedio antiestrés e porque lle permitirá relacionarse con moita xente.

Pin It