ARTIGO. «Clases de relaxación». Por Toño González, profesor de Ioga e Relaxación

O Multiusos Fontes do Sar ofrece entre o seu amplo abano de actividades clases de Relaxación, todos os martes ás 21:30h. A sesión, cunha duración de unha hora e vintecinco minutos, busca a relaxación consciente, e permite ao asistente aumentar a súa capacidade de concentración, lograr o perfecto descanso do corpo, e sobrepoñerse a situacións de fatiga, entroutros beneficios.
En que se basea?
As clases de Relaxación descansan sobre os pilares do Ioga Nidra, cunha importante primacía dos exercicios de meditación. Esta modalidade do ioga é unha técnica de meditación e relaxación profunda desenvolvida por Swami Satyananda Saraswati, que adaptou e actualizou as prácticas antigas conservando a súa esencia pero despoxándoa das complicacións ritualistas. Mediante os exercicios que levamos a cabo nesta actividade, aprendemos a relaxarnos de xeito consciente. Acádase un estado de sono con plena lucideza, onde a persoa se atopa no límite entre estar durmida e estar espierta. O estado de relaxación acádase cando a consciencia se separa da experiencia exterior (os sentidos, o corpo físico, a respiración, as emocións, os sentimentos e os pensamentos) e do sono, ata que a mente se relaxa por completo.
Como se practica?
O usuario permanece tumbado sobre a espalda, nunha postura relaxada, co corpo no solo, sobre unha colchoneta, cos brazos separados e as palmas das mans cara arriba, as pernas separadas deixando que os pés se abran cara o exterior. É importante que toda a espalda descanse sobre o solo. Nos deixaremos guiar polas instruccións do profesor, que nos irá indicando os exercicios adecuados para chegar ao estado desexado. Pouco a pouco se irá adquirindo control da situación sen esforzo, conseguiremos manexarnos neste novo estado, e coa práctica aprenderemos a permanecer entre a vixilia e o sono.
Que nos provoca a asistencia regular a esta clase?
Nunha sesión de Relaxación descenden a nosa tensión arterial, as nosas pulsacións sanguíneas e a nosa temperatura corporal. Coa práctica de certos exercicios e a regulación da respiración, lógrase a relaxación do corpo e da mente, e se facilita a concentración. A súa práctica habitual alívianos das cargas das intensas esixencias da vida moderna, apórtanos tranquilidade e un maior benestar. Nun estado de relaxación podemos mellorar o esquema corporal, desenvolver a memoria, aumentar o coñecemento, a creatividade, descubrir o noso potencial interior, restruturar a mente… A asistencia continuada a esta actividade beneficia os sistemas dixestivo, respiratorio, glandular e nervioso.
Cando é aconsellable practicalo?
Se se practica xusto antes de acostarse, todo o corpo e a mente se relaxan, o sono é profundo e refrescante, e é preciso menos tempo de sono. As clases que se ofertan no Multiusos Fontes do Sar os martes empezan ás 21:30h e finalizan ás 22:55h, unha hora moi aconsellable para levar a cabo a Relajación.

Pin It