Cinco abonados das instalacións realizan un magnífico papel no Campionato de KickBoxing «Copa Deputación de A Coruña»

Esta fin de semana tivo lugar en Melide o Campionato de kickBoxing «Copa Deputación de A Coruña», no que participaron 24 clubs e 127 competidores. Entre eles estaban cinco abonados do Multiusos Fontes do Sar, que acadaron uns magníficos resultados.
Ivan Pasín obtivo a medalla de Ouro en <70 kg e o trofeo ao mellor competidor de todo o torneo; Víctor Tato conseguiu a Medalla de Prata en <65 kg; Martín Carracedo fíxose coa medalla de bronce en < 80 kg; Angel Argibay quedou no 4º posto en <75kg; e Rafael Buján finalizou 5º clasificado en < 75kg. Anteriormente, o día 7 de maio, xa se tiña celebrado en Ourense a Copa Deputación de Ourense, na que os nosos competidores acadaron exactamente os mesmos exitosos resultados. Estes triunfos amosan a gran progresión de todos eles nunha escasa marxe xa que, agás Iván Pasín, o resto dos rapaces levan pouco tempo preparándose. Víctor e Ángel comenzaron a adestrar no Multiusos cando se iniciou a impartir actividade de Light-contact nas instalacións; Rafael leva aproximadamente 8 meses e Martín tan só tres. Iván Pasín leva un ano de éxitos, posto que amais destes últimos e satisfactorios resultados, tamén se proclamou Campión Galego na Modalidade de Semi- contact, subcampión Galego na modalidade de Light-contact, e foi Medalla de Bronce no Campionato De España. Noraboa a todos eles!

Pin It