Vive o verán nas piscinas Fontes do Sar

As piscinas Fontes do Sar permanecen abertas de luns a domingo, en horario de once da mañá a nove da noite, para que poidas desfrutar dunhas xornadas intensas de sol e auga sen saír da cidade. Os abonados do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel poderán acceder libremente á instalación co seu carné de abonado. As persoas que non estean inscritas en ningún dos dous centros, deberán pagar a súa correspondente entrada: os rapaces de entre 3 e 6 anos pagarán 1,80 €; os que teñan entre 7 e 16, aboarán 2,15 € por xornada; os adultos de entre 17 e 60 anos pagarán 3,30 € pola entrada; e a partir dos 60 anos o prezo será de 1,80€.
As piscinas de verán Fontes do Sar dispoñen de tres vasos: un “de competición” de 425 m³ de lámina de auga, un vaso de aprendizaxe de 445 m³ de lámina de auga, e outro de chapoteo de 120 m³ de lámina de agua, que se usa exclusivamente no verán. As instalacións contan cunha ampla zona de solarium, vestiarios, unha enfermería e unha cafetaría, que só permanece aberta durante a época de verán. Para facer uso das piscinas é preciso levar bañador, gorro de baño e chancletas, e cumprir unha serie de normas, tales como ducharse antes de entrar na auga, non usar colchonetas, non tirarse á auga de cabeza… Os menores de 8 anos deberán estar acompañados dun adulto durante o uso libre do vaso deportivo.

Cursos intensivos de natación
Para aproveitar as vacacións de verán, nada mellor que iniciarse ou perfeccionar o nado. Por iso, as instalacións programan nos meses de xullo e agosto cursos de natación intensivos para rapaces a partires de 4 anos. Os cursos celebraranse polas mañás, en distintos horarios: ás 11:15, ás 12:00 ou ás 12:45 hrs.

Pin It