Se es novo no ximnasio ou retomas a actividade despois de moito tempo, toma nota dos nosos consellos

Non é novidade. Facer deporte é un dos propósitos que máis xorden na nosa mente cando empeza un novo ano. Iso si, se te decides, antes de empezar, toma boa nota dos nosos consellos.
Paciencia e constancia
En dous días non recuperaremos a forma. Debemos ir pouco a pouco para recuperar o que perdimos durante estes tempo e para acadar os nosos obxectivos.
Planificar o traballo
É importante ter un plannning co traballo diario que imos realizar en función das metas que pretendemos acadar (muscular, incrementar a nosa resistencia, poñernos en forma…). Se tes claro o que queres, o instrutor poderá orientarche para conseguir nun tempo estipulado os teus obxectivos.
Iniciar a actividade de xeito paulatino
É aconsellable comezar o traballo pouco a pouco. O corpo precisa retomar a actividade progresivamente; se nos pasamos coa intensidade necesitaremos máis tempo de descanso, estaremos máis expostos a lesións e costaranos ser constantes con entrenos duros dende o principio.
Non esquezas realizar estiramentos
Quenta e estira ben antes e despois de cada sesión. Quenta mínimo 20 minutos cun pouco de carreira ou con traballo na elíptica para dotar o teu corpo dunha maior mobilidad articular. E lembra seempre estirar ao final de cada sesión para mellorar a recuperación e evitar lesións.
Descansa ben
O descanso é unha parte moi importante do adestramento. Se temos présa caeremos no sobreadestramento. As mellores opcións pasan por realizar un día de traballo e outro de descanso, ou por facer adestramentos intensos con moito descanso.
Un bo xeito de empezar: as clases dirixidas
Existe un amplo abanico de actividades colectivas que nos axudarán a acadar as nosas metas a un bo ritmo ao tempo que nos divertimos: spinning para gañar resistencia, body pump para tonificar, aerobic para queimar calorías ao ritmo da música, body combat para olvidarnos do estrés…
A hidratación e a alimentación, pezas clave
Hidratarse correctamente durante o adestramento e alimentarse de forma sana e equilibrada é fundamental para mellorar a calidad do teu entrenamento e para cumprir cos teus obxectivos. Se é necesario, consulta co teu nutricionista para que che oriente sobre este punto.

Pin It