O festival SONa, con Xoel López e Iván Ferreiro á cabeza, abrirá no Multiusos o programa musical das festas da Ascensión

Entérate de toda a información, novidades, sorteos… de SONa, na nosa páxina en Facebook.

A música nas festas da Ascensión comezará o mércores 16 de maio cun festival denominado SONa no Multiusos Fontes do Sar. SONa concentra as propostas musicais de seis grupos e artistas con selo galego e gran calado no panorama pop-rock indie nacional: Xoel López, Iván Ferreiro, Novedades Carminha, The Blows, Eladio y los Seres Queridos e Triángulo de Amor Bizarro. O festival empezará ás 19:30h e poñerá música á xornada ata ben entrada a madrugada.

As entradas para o festival están á venda dende o 27 de marzo na rede Ticketmaster, en NovaGaliciaBanco, e aquí, a un prezo de 15€ + gastos. O día do evento poderán adquirirse no despacho de localidades do Multiusos a un prezo de 19€ + gastos.

IVÁN FERREIRO
Os seus doce anos ao fronte dos estratosféricos Los Piratas e o seu algo máis dun lustro de sinuosa carreira en solitario, aválano coma un dos referentes no panorama musical español. “Confesiones de un artista de mierda”, o seu último disco, é un exercicio franco e apaixoado de liberación de todo o que Iván ten dentro. Foi gravado en directo cun reducido público composto por invitados da banda e por fans afortunados.

XOEL LÓPEZ
Xoel López é un dos artistas máis representativos da escea independente en España. Aínda que sempre se moveu entre os sons do pop-rock indie e o folk dos 60, el defínese como un artista libre, e así o demostra. Xoel deixou atrás unha carreira consolidada no seu país baixo o seudónimo de “Deluxe” para saltar o charco e empezar unha nova etapa co seu nome.

ELADIO Y LOS SERES QUERIDOS
Trala publicación de “Están Ustedes Unidos” en marzo de 2011, a xira de presentación arrincou con máis de 40 datas polo territorio nacional, incluindo os máis destacados festivais: Primavera Sound, Vigo Transforma, Día de la Música, Cultura Quente, Ebrovisión ou Sonorama, entroutros. Sen dúbida un artista que se converte na gran esperanza da rexeneración artística da tantas veces maltratada escea nacional.

TRIÁNGULO DE AMOR BIZARRO
Como se The Jesus & Mary Chain creceran na Coruña, ou coma uns Einstürzende Neubauten con máis apego á melodía, Triángulo de Amor Bizarro pervirten as convencións con electricidade desbordante e letras surrealistas. TAB é unha feliz anomalía no rock estatal.

NOVEDADES CARMINHA
Tralo éxito de Te vas con Cualquiera (Bowery Records, 2009), volve á carga co seu segundo LP, Jódete y Baila (Lixo Urbano, 2011), que evoluciona cara a un sonido máis bailón, rozando terreos lo-fi e achegándose estilísticamente á nova ola de garaxe xurdida en Estados Unidos, con Black Lips, Jacuzzi Boys ou Harlem á cabeza.

THE BLOWS
Unha das grandes esperanzas da sempre fecunda escena viguesa, The Blows deron un gran paso adiante con “Ejército de Fantasmas”. O seu segundo disco amósaos máis enérxicos e cercanos á electrónica, na que pode ser unha das sorpresas do ano.

Horarios de actuación
Novedades Carminha . 19:30h
The Blows . 20:15h
Eladio y los Seres Queridos . 21:00h
XOEL LÓPEZ . 21:50h
IVÁN FERREIRO . 23:25h
Triángulo de Amor Bizarro . 01:00h

Servizos de transporte para o festival
Para os que queiran achegarse en autobús ata o Multiusos Fontes do Sar, haberá un servizo lanzadeira desde a rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia) ata o recinto a partir das 18:30 e ata as 21:00. A liña 9 (Casas Novas – rúa da Senra – Cidade da Cultura) accede ao Multiusos cada 60 minutos, con saídas de Casas Novas ás 18:30, 19:30 e 20:30, e pasando uns minutos despois pola rúa da Senra (dirección Norte), rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro. A liña C11 (circular de Fontiñas) realiza parada na rúa de Londres, próxima ao Multiusos Fontes do Sar, cunha frecuencia de 15 minutos. As paradas máis céntricas para acceder a esta liña sitúanse na rúa Xeneral Pardiñas, praza de Galicia, rúa da Ensinanza, rúa Virxe da Cerca e rúa de San Pedro. A partir das 00.30h manterase o servizo lanzadeira desde o Multiusos con destino á rúa de Ramón Piñeiro (lateral Parlamento de Galicia).

Pin It