O festival SONa congregou a 3.000 persoas no Multiusos Fontes do Sar

Novedades Carminha, The Blows, Eladio y los Seres Queridos, Xoel López, Iván Ferreiro e Triángulo de Amor Bizarro puxeron música ao SONa, un festival con selo galego que deu o pistoletazo de saída no Multiusos Fontes do Sar ás festas da Ascensión en Santiago de Compostela.
Preto de 3.000 persoas non quixeron perderse a cita co rock indie de calidade no recinto santiagués. Un dos pratos fortes foi a actuación de Xoel, que ofrecía no SONa o seu primeiro concerto en Galicia presentando o seu disco en solitario, “Atlántico”, o que conseguiu xerar gran expectación entre o público. A actuación de Iván Ferreiro, quen fixo un repaso do mellor da súa etapa con Los Piratas e desgranou algúns dos seus temas en solitario, encandilou aos presentes.

Pin It