O Multiusos Fontes do Sar celebra o Cycling Day

Este sábado máis de 15.000 persoas en toda España participaron simultáneamente no maior evento deportivo mundial de ciclo indoor celebrado ata o de agora, o CYCLING DAY. O Multiusos Fontes do Sar, a única instalación da capital galega que se sumou a esta actividade, acolleu no vestíbulo do edificio varias sesión de fitbike entre as 10 e as 14h nas que houbo unha moi boa resposta por parte do público.

Todos os beneficios recadados das inscricións irán destinados á campaña “Ningún niño sin medicina”, que desenvolve a Fundación Inicia para atender ás poboacións máis desfavorecidas e con menos recursos económicos, priorizando as zonas rurais dispersas, as zonas urbano marxinais e a poboación infantil en países en vía de desenvolvemento.

O evento celebrouse ao mesmo tempo en máis de duascentas instalacións deportivas da xeografía española. Tratábase de tentar acumular entre todos os 40.076 kilómetros necesarios para dar unha volta ao mundo. A actividade estivo dirixida por Rafael Romero, instructor de ciclo indoor no Multiusos Fontes do Sar.

Pin It