Carmen León e Vanesa Alonso, campionas da fase galega do II Open de Pádel Feminino Cadena 100

O dúo formado por Vanesa Alonso e Carmen León resultou vencedor este domingo nas pistas de pádel Sar da fase rexional do II Open de Pádel Feminino Cadena 100, na que participaban as sete parellas gañadoras das probas locais que se desputaron días atrás. As campionas representarán a Galicia na gran final nacional do torneo, que se celebrará en Madrid o vindeiro 17 de xuño.

Carmen León e Vanesa Alonso realizaron un torneo practicamente impecable, impoñéndose a todas as súas rivais con rotundidade. O seu partido máis destacado foi o da final, na que tiveron que enfrontarse a Alicia Seijas e Marta Muñoz, gañadoras da fase de Santiago de Compostela, a quenes venceron con superioridade por un doble 6-1.

A parella gañadora asistirá á final de Madrid con todos os gastos pagados e desfrutará dunha fin de semana no balneario de La Toja. Amais, todas as participantes foron obsequiadas con unha bolsa de deporte. Na final e na entrega de premios estiveron presentes o concelleiro de deportes de Santiago, Adrián Varela, o director de COPE Galicia, Javier Maroño, e o xerente do Multiusos Fontes do Sar, Santiago L. Cuadrado.

Pin It