Coida a túa pel no verán

O sol, o vento, o cloro das piscinas ou o aire acondicionado son factores externos que, cando nos expoñemos a eles, castigan a nosa pel. Por iso, especialmente na época estival, cando descubrimos o noso corpo e o “atacamos” con axentes externos, debemos facer un esforzo por coidar a nosa pel dun xeito máis estricto.

Efectos beneficiosos do sol.
Se tomamos o sol dunha forma adecuada, tal como recomendan os expertos, a nosa pel recibirá os seus efectos beneficiosos -como a vitamina C- e lograremos que se rexenere a nosa epiderme. Amais, se antes de expoñernos ao sol nos aplicamos un fotoprotector que nos hidrate, grazas ao efecto calor esa crema actuará máis e mellor. E grazas ao sol, sempre e cando non o tomemos en exceso, notaremos maior luminosidade e firmeza.

Pel receptiva ao sol.
Se o que buscamos é ter unha pel fina, luminosa e cun tono bronceado e uniforme, antes de expoñernos ao sol e despois do verán é recomendable realizar unha serie de coidados específicos. Así, cunha limpeza de cute conseguiremos rexenerar a nosa dermis eliminando as células mortas e favorecendo a absorción de produtos. Asimesmo, se nos realizan un peeling corporal notaremos que a nosa pel está máis receptiva ao sol e colle un bronceado máis rápido e dourado. Unha vez que temos a pel restablecida, tamén se pode realizar unha hidratación profunda en cabina, con produtos específicos, ampollas de tratamento… que axudarán a reestruturar o coláxeno e a elastina, os principais ingredientes que combaten os efectos negativos do paso do tempo.

Coidados especiais no rostro.
Para evitar na medida do posible que os efectos nocivos do sol deixen pegada na nosa pel, é aconsellable seguir unha serie de pautas. En zonas delicadas, como a cara e o escote, recoméndase usar unha pantalla total todos os días do ano, pero especialmente no verán. Esta protección extrema nos axuda a evitar as antiestéticas manchas que asoman na pel, entroutras causas, por un exceso de sol, e tamén nos permitirá evitar que se fagan visibles as temidas enrrugas prematuras.

Bronceado sen sol.
En caso de que non queiramos expoñernos ao sol ou que teñamos algún tipo de intolerancia, non temos que renunciar a un tono bonito. A pulverización de aerógrafo con caña de azúcar aportará un tono dorado sen danar a nosa pel. Asimesmo, se o que queremos é que estea máis receptiva á chegada do sol, varias sesións de solarium axudarannos a activar a melanina.

Toma nota destes consellos
Debemos ter coidado co sol en caso de que tomemos algunha medicación para que non asomen posibles fotoalerxias. Asimesmo, debemos evitar a exposición ao sol nas horas máis conflictivas -entre as doce da mañán e as catro da tarde- e tomar certas precaucións se nos depilamos con cera (teremos que agardar 48 horas para tomar o sol), ou se vamos a unha sesión de depilación láser (non poderemos expoñer a zona tratada ata cinco días antes nin ata sete días despois). Amais, é moi importante que optemos por un fotoprotector acorde ao noso tipo de pel -en calquera caso, recoméndase un factor mínimo de 15- e o apliquemos sempre media hora antes da exposición solar, renovándoo polo menos cada dúas horas.

Pin It