As instalacións apoian o I Trofeo Atletismo Fontes do Sar, que se celebrará o vindeiro 23 de marzo

O clube Atletismo Fontes do Sar e o Concello de Santiago de Compostela, coa colaboración do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo da delegación de Santiago e da Universidade de Compostela, organiza o “I Trofeo Atletismo Fontes do Sar” de probas en pista para escolares, que conta co patrocinio do Multiusos Fontes do Sar e do C.D. Santa Isabel. A proba celebrarase no Estadio Universitario de Santiago de Compostela o próximo 23 de marzo.
PARTICIPACIÓN
Poderán participar soamente atletas federados. Os atletas de categoría prebenxamín (categoría non oficial) soamente poderán participar dos clubes da área da Delegación de Santiago de Compostela.
INSCRICIÓNS
Realizaranse inscricións ata as 22 horas do xoves 21 de Marzo. Online na páxina da RFEA https://isis.rfea.es/sirfea2/. Só os atletas prebenxamín farán as inscricións no correo escolafontesdosar@gmail.com, facendo constar nome e apelidos, clube e data de nacemento.

Máis información aquí

Pin It