Festa con inchables no Campus Sar na víspera do Día do Apóstolo

Os rapaces que esta semana participan no Campus Sar vivirán este mércores un día de festa, coincidindo coa xornada previa ao do Apóstolo. Amais das clases de inglés, das actividades deportivas e dos xogos dos que habitualmente desfrutan, o 24 de xullo será un día de celebración para todos eles.

Os setenta nenos e nenas poderán desfrutar de varios inchables entre as 11 e as 14 horas na zona de céspede das Piscinas Fontes do Sar. Haberá unha casa de bolas para os máis pequenos, de entre 4 e 5 anos; unha pista americana con obstáculos e un bungee, no que os maiores poderán competir e poñer a proba a súa forza e destreza. Se o tempo acompaña, haberá tamén algún inchable na auga.

Pin It