As Piscinas Fontes do Sar inician as clases de AQUAFITNESS

As Piscinas Fontes do Sar ofertan a partires do 8 de outubro as habituais clases de Aquafitness. Estas clases consisten nunha actividade coreografiada na que se traballa a resistencia como cualidade física predominante; axuda a activar a circulación sanguínea, traballa a musculatura dun xeito eficaz, mellora a respiración e a resistencia, e permite relaxarse.

As sesión desenvólvense no vaso pouco profundo da instalación, e nelas poden participar os abonados do Multiusos Fontes do Sar e aquelas persoas que paguen a correspondente entrada. Estas sesións impártense os martes ás 9:15 e 10:15hrs, e os mércores ás 10:15 hrs. e xoves ás 10:00 hrs.

Pin It