O xoves ven á clase extraordinaria de Zumba na sala 13 do Multiusos!

Mañán xoves ás 12h, na sala 13 do Multiusos Fontes do Sar, celebrarase unha clase extraordinaria de Zumba cos monitores titulados Seluco Fernández e Ana Martínez. A actividade está organizada por Globally Zumba e haberá unha conexión en directo co programa A Revista da TVG. Podedes vir tanto os abonados do Multiusos como de Santa Isabel.

Pin It