Diversión e deporte danse a man nestas datas nas instalacións deportivas de Compostela. No Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel queremos celebrar con todos vós lado deportivo do Entroido con moitos agasallos para
os que vos animedes a facer deporte disfrazados. Haberá clases de actividades con coreografías temáticas, cheas de cores e animación grazas á aportación dos usuarios. Fala co teu instructor para saber que actividades extraordinarias ten
programadas. E o luns 3 de marzo ás 20.30h faremos unha GRAN CELEBRACIÓN cunha CLASE DE ZUMBA FAMILIAR na pista central do Multiusos. Estades todos invitados! Os non abonados tamén podedes participar gratis se vides disfrazados.
Animádevos a participar no Entroido deportivo!