As persoas con trastorno do espectro do autismo (TEA) presentan dificultades na comunicación social e na linguaxe, pero teñen un excelente pensamento visual, polo que a información presentada de xeito visual con pictogramas lles resulta de gran axuda, así como a outros colectivos de persoas con discapacidade, persoas con dificultades na linguaxe ou maiores. O Multiusos Fontes do Sar é agora un espazo máis accesible para as persoas con autismo e outros colectivos con dificultades na comunicación grazas ás adaptacións con pictogramas. Estas adaptacións enmárcanse dentro do Proxecto de Accesibilidade en Entornos Sociais que Autismo Galicia leva a cabo en distintos concellos de toda a Comunidade Autónoma.
Noticias Relacionadas
-
Concierto de Carlos Rivera en el Multius...
03/03/2023 -
¿Vienes al concierto de este domingo?...
20/05/2022 -
El Multiusos será escenario en mayo del ...
11/04/2022 -
3ª JORNADA DE LA FREESTYLE MASTER SERIES...
25/03/2022