Aberta a inscrición para Pilates Mat e TRX nos meses de verán

TRXweb2

Xa te podes anotar nos cursiños de Pilates mat e TRX dos meses de xuño, xullo, agosto e setembro, dende 8,40€/mes.

O Pilates permite gañar en flexibilidade, fortalecer a túa musculatura, corrixir a postura; tonificar os glúteos, o teu abdome e as túas costas, relaxarte e liberar o estrés e as tensións musculares, gañar en vitalidade e forza, mellorar a túa axilidade e sentido do equilibrio.

TRX é o sistema de adestramento en suspensión máis famoso do mundo. Moitos atletas de elite xa o usan como parte da súa rutina de entrenamento, pola súa capacidade de exercitar o corpo dun xeito funcional.

Os cursos deberán contar cun mínimo de 6 inscritos para poder celebrarse. Consulta prazas e horarios en recepción e nos tlfn. 981 568 160 (Sar) e 981 581 220 (Sta. Isabel).

Pin It