O luns 16 ás 20.30h celebraremos na pista central do Multiusos Fontes do Sar unha sesión especial de Zumba de Entroido. Todos os que se animen a vir disfrazados poderán acceder gratuitamente aínda que non sexan abonados das instalacións, e todos os asistentes recibirán amais como agasallo unha clase de adestramento funcional e unha medición corporal con tanita.