Anótate para la Corresan en el Multiusos Fontes do Sar y en el C.D. Santa Isabel

corresanVERANA cuarta edición do circuíto de carreiras CorreSAN constará de 4 probas que se disputarán nos meses de xullo, agosto, setembro e outubro de 2015.

En cada proba haberá un percorrido para escolares das categorías benxamín e alevín, un percorrido para as categorías infantil e cadete e outro para adultos a partir da categoría xuvenil. As probas comezarán de xeito habitual polas probas de escolares e rematarán coa disputa da proba de adultos. Os horarios das carreiras serán comunicados na semana anterior á disputa das mesmas.

Todas as probas estarán baixo o control técnico do Comité de Xuíces da Federación Galega de Atletismo e empregarán o sistema de chip-dorsal que deberá conservarse durante o transcurso do circuito para os atletas que se inscriban nas 4 probas na modalidade de circuito.

Os interesados poderán anotarse de xeito presencial na recepción do Multiusos Fontes do Sar ou do C.D. Santa Isabel, ou online na páxina web oficial das carreiras. Atoparás toda a información que precises en www.corresan.com.

Pin It