El martes 19 de enero abre la inscripción para los cursillos de natación que empiezan en febrero

En febreiro arrancará unha nova edición dos cursiños de natación cuadrimestrais para nenos e adultos no Complexo Deportivo Santa Isabel.

A inscrición aos cursos será só a través da web para facilitar os trámites online e realizarase nas seguintes datas:

  • Abonados adultos: 19 de xaneiro.
  • Abonados nenos: 20 de xaneiro.
  • Non abonados adultos: 26 de xaneiro.
  • Non abonados nenos: 27 de xaneiro.

Ofértanse cursiños de iniciación, perfeccionamento, maiores de 60 anos, natación preparto, terapéutica… Ao igual que na edición anterior, por protocolos COVID e pola xestión de aforo en vestiarios, os cursiños de natación de nenos serán para idades comprendidas entre os 6 e os 13 anos.

Aínda que os cursos se celebran só en Santa Isabel, poden acceder a eles tanto os abonados desta instalación como os do Multiusos Fontes do Sar.

Pin It