Participa en el ranking de pádel y tenis, una nueva de modalidad de competición en las instalaciones

Se tes tempo polas mañás e che gusta o tenis ou o pádel, esta é a túa.

O 31 de xaneiro comezamos unha nova modalidade de competición nas nosas instalacións, o RANKING. Un todxs contra todxs en categoría absoluta que se desenvolverá en 4 fases de 4 semanas cada unha.

A INSCRICIÓN É GRATIS, e podes participar tanto se es abonadx dos centros como se non.

Se queres empezar a xogar xa na primeira fase deberás anotarte antes do 26 de xaneiro. Pero se prefires esperar e unirte máis adiante, non hai problema: a inscrición seguirá aberta sempre ata 5 días antes do inicio de cada fase.

Unha oportunidade estupenda para aproveitar o teu tempo polas mañás, facer deporte e pasalo ben!

Pin It