O luns vémonos na Festa de Entroido do Multiusos

O luns de Entroido, día 20 de febreiro, celebraremos na pista central do Multiusos unha festa coas seguintes masterclass:
-18h Zumba con Ana
-19h Combat con Sergio
-20.15h Zumba con Paula

Poden participar nenxs. Haberá inchables para a cativada en pista central.
Ven disfrazadx! E se traes un amigx con disfrace tamén poderá entrar gratis.
Envíanos a túa mellor foto por Instagram. Subiremos todas as imaxes e as 5 con máis votos terán de agasallo unha camiseta Amor do Bo.

Pin It