NÁUTICA DE RECREO
CURSO PATRÓN DE IATE:
ATRIBUCIÓNS:  Embarcacións de ata 20 m. de eslora e toda clase de  motos acuáticas sen límite de potencia, en áreas de navegación de ata 60  millas da liña da costa.
REQUERIMENTOS:  18 anos e estar en posesión do título de PER.
MODALIDADE: Mixta ou semipresencial ( Curso por internet + Clases presenciais)
PRESENTACIÓN:  sábado, 2 de marzo ás 10.00 h.  Entrega de documentación, iniciación ao curso e inicio das clases “on line”.
CLASES PRESENCIAIS:  Os sábados de 10 a 14 horas do 23de marzo ata o 11 de maio.
EXAME :  Última quincena de maio na Escola Náutico-Pesqueira de Ribeira.
PREZOS CURSO TEÓRICO:  410 €.  Prezo especial de 380 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar e entidades colaboradoras.
-As prácticas oficiales obligatorias teñen prezos reducidos para os alumnos, pagaranse ao facelas  e pódense realizar antes ou despois do exame teórico (+ info na web  www.portomeloxo.com) .
-Si algún alumno non supera o exame pode acudir ao seguiente curso gratuitamente.
NÁUTICA PROFESIONAL  (*¡NOVIDADE!):
CURSO EXPRÉS “PATRÓN COSTEIRO  POLIVALENTE”  (Preparación para o Exame Libre en Gijón))
ATRIBUCIÓNS:  Mando do buque e tamén xefatura de máquinas de barcos de pesca de ata 24 m. de eslora en áreas de navegación de ata 60  millas da liña da costa.
REQUERIMENTOS:  Examinándose en Gijón, só ter 18 anos cumpridos no momento do exame.
MODALIDADE:  Mixta ou semipresencial ( Curso por internet + Clases presenciais)
PRESENTACIÓN:  sábado, 2 de marzo ás 12.00 h.  Entrega de documentación, iniciación ao curso e inicio das clases.
CLASES PRESENCIAIS:  Os sábados de 10 a 14 horas do 2de marzo ata o 20 de abril para os que só fagan os módulos Común e de Ponte.  Para os que ademais queiran facer o módulo de máquinas, tamén clases os sábados pola tarde de 16 a 20 horas os días 23 de marzo e 6, 13 e 20 de abril.
EXAME :  Libre, última semana de Abril  na “Escuela Náutico Pesquera de Gijón.”  Posibilidade de presentarse posteriormente a outros exames libres que convocan outras comunidades autónomas (En Galicia non hai exames libres).
PREZOS CURSO TEÓRICO:  Módulos Común e Ponte:  480 €.  Prezo especial de 450 € para os abonados ao Multiusos Fontes do Sar e entidades colaboradoras.  Módulo Máquinas:  310 € ou 280 para abonados ao Multiusos e entidades colaboradoras.
-Aprobando a parte teórica, pódese obter o título de Patrón de Iate facendo as prácticas oficiales obligatorias.  Neste caso, ofrécense os mesmos prezos reducidos que para os alumnos de Patrón de Iate. (+ info na web  www.portomeloxo.com) .  
POSIBILIDADE DE REALIZAR OS DOUS CURSOS SIMULTANEAMENTE:
-Os dous cursos teñen varias clases comúns, polo que os interesados en preparar as dúas titulacións simultaneamente terán clases presenciais dende o sábado día 2 de marzo ás 10 da maña ata o sábado 11 de maio.  Neste caso, o prezo conxunto sería de 650 € ou 620 para os abonados ao Multiusos e entidades colaboradoras (aparte as clases de máquina para os que as requiran).
LUGAR DAS CLASES PRESENCIAIS:  Multiusos Fontes do Sar  de Santiago de Compostela
ORGANIZA:  Multiusos Fontes do Sar de Santiago e Escola Náutica Portomeloxo
INFORMACIÓN:  www.portomeloxo.com  e www.multiusos.net
TELÉFONO:  616217619 ( Pedro )
INSCRIPCIÓNS: mandar solicitude a cursosnautica@multiusos.net
PAGO: facer transferencia do importe do curso teórico ao nº de conta  0182 0267 13 0201551355 ou pagar en efectivo o día da presentación.  É posible fraccionar o pago en dúas veces.
	
					


