Actividades Complementarias

Actividades e servizos con cota

 

Centro de estética Multiestectic

Centro de beleza situado no nivel 1 do Multiusos Fontes do Sar cun 20% de desconto para os abonados en todos os seus servizos. Ofrécense tratamentos faciais específicos, limpeza de cute, presoterapia e electroestimulación, aparatoloxía de rexuvenecemento, aerógrafo, solarium, depilación á cera, neodepilación por láser e luz pulsada, produtos cosméticos…

Ver máis

Pilates

Trátase dun revolucionario método de acondicionamento físico, que emprega principios específicos que promoven un desenvolvemento equilibrado do binomio corpo- mente mediante o traballo da respiración, a forza e a flexibilidade.

Escola de espalda

Actividade multidisciplinar que une o traballo do fisoterapeuta e do instructor para prescribir exercicios específicos enfocados a mellorar o estado da espalda dos participantes. Trabállase tanto na aula coma na piscina.

Cursos de natación adultos

O obxectivo dos cursos é familiarizarse co contorno acuático. Preténdese que o contacto coa piscina mellore a relación dos adultos con este medio. O curso consta de unha sesión por semana.

Cursos de natación nenos

Os pequenos aprenden con estes cursos o xeito idóneo de relacionarse coa auga a través dunha sesión semanal. Sempre se mantén ó cativo motivado a través do xogo e do benestar cos seus compañeiros.

Solarium

Poñemos ó teu dispor os métodos máis modernos e saudables de bronceado artificial. Ademáis, ensinámosche como beneficiarte e coidar a túa saude nas nosas máquinas de última xeración.

Clínica médica e de Fisioterapia

Amerguín coida de ti e da túa saúde. Neste centro médico interno disporás dun equipo de especialistas que che axudarán a recuperar a túa saúde.

Entradas puntuais

 

Se non es socio das nosas instalacións podes aproveitar os nosos servizos e equipamento adquirindo unha entrada no Multiusos Fontes do Sar ou no Complexo Deportivo Santa Isabel.

Entrada piscina

Podes utilizar a piscina cando queiras, mercando a túa entrada nas nosas instalacións.

Entrada ximnasio

O ximnasio tamén está á túa disposición se queres achegarte de xeito puntual e gozar dos mellores servizos.

Aluguer de toallas

Con este servizo gañas en comodidade. Non importa que se che esqueza a toalla na túa casa. Sempre que veñas ás nosas instalacións poderás alugar unha.