Comezan as clases de danza do ventre

O luns 17 de setembro comeza a impartirse unha nova especialidade no Multiúsos: a danza do ventre. A monitora Ana Martínez amosará ós asistentes a mover as cadeiras combinando música, baile e exercicio. Se desexas coñecer un novo concepto moderno e actual da danza do ventre e gañar en ritmo e harmonía, só tes que consultar os nosos horarios e probar.
Esta semana poderás asistir a clase de danza do ventre o luns ás 11:15 e ás 21:15 e o mércores ás 21:15. O curso impartirase na sala 7 e poden acceder tódolos abonados sen custe engadido.

Pin It