Xa podes facer uso da nova sala de musculación, equipada con 12 novas máquinas

A sala de musculación do Multiúsos Fontes do Sar ampliou a súa superficie en 150 m² e equipouse cun circuíto de tonificación composto por 12 máquinas de última xeración e cunha zona de estiramentos.
– 1 máquina abdutores
– 1 máquina glúteo
– 1 máquina dorsal
– 1 máquina peito
– 1 máquina bíceps
– 1 máquina tríceps
– 1 máquina cuadríceps
– 1 máquina isquiotibiais
– 1 prensa horizontal para perna
– 2 poleas

Tamén se renovou o equipamento substituíndo as bicicletas de Fit-bike por 40 unidades das novedosas Bodybike HBS con freo hidráulico. Este tipo de freo HBS proporciona un pedaleo máis suave e seguro.

Pin It