O servizo de Neodepilación Láser e Fotodepilación, agora tamén no C.D. Santa Isabel

A partires do 15 de maio a empresa Depilclub comeza a ofertar os seus servizos de Neodepilación Láser e Fotodepilación no Complexo Deportivo Santa Isabel. Ata o momento só realizaba este tratamento en Multiestetic, o centro de estética do Multiusos Fontes do Sar, pero agora amplía a súa oferta ao centro de Santa Isabel para ofrecer maiores facilidades aos abonados interesados desta instalación. Coma é habitual, o colectivo de abonados terá un desconto do 30% sobre a tarifa no tratamento de depilación con láser e luz pulsada.

Pin It