ENTREVISTA A LUCHI, instructora de fitness. «O deporte axuda a reducir o nivel de estrés»

Eres instructora de fitness no Multiusos Fontes do Sar e no C.D. Santa Isabel. Que che fixo dedicarte a isto?
Durante moitos anos fun alumna das instalacións deportivas. Cada día me gustaba máis, o deporte me axudaba a paliar o estrés, me relaxaba moitísimo. E un día tomei a decisión de dedicar a miña vida profesional a este mundiño. Nunca me arrepentín de dar este paso.
Na actualidade das clase de Step, Aeróbic, Elyptic, Latino, Abdominales e Glúteos… Como lograches formarte en diversas disciplinas?
Para adquirir coñecementos e poder impartir todas estas actividades asistín a moitos cursos, seminarios e convencións. Amais, tamén acostumo a ver vídeos que me axudan a aumentar os meus coñecementos.
Como describirías, en escasas palabras, cada unha das actividades que impartes?
Latino é unha clase de baile na que se combina o aeróbic coa salsa, ao ritmo de música latina. As actividades de Step e de Aeróbic ofrecen coreografías adaptadas a un ritmo musical. En Elyptic ofértase unha clase divertida sobre unha elíptica específica que é moi doada de levar á práctica. Abdominales y Glúteos é unha actividade de tonificación muscular.
Cal lle recomendarías a unha persoa que empeza a facer deporte?
Recomendaríalle Latino. É unha actividade moi divertida, con pasos doados de seguir para todos os públicos, ao ritmo dunha música moi animada, con temas moi actuais que enganchan aos alumnos.
Unha das actividades dirixidas con máis demanda é aeróbic, que busca a xente coa asistencia regular a esta clase?
A xente que vén habitualmente ás sesións de Aeróbic busca desconectar, divertirse, pasar un bo rato… Pero ao mesmo tempo pretende sacar partido da clase e aproveitar os beneficios cardiovasculares derivados da súa práctica habitual.
Moitos usuarios verante case coma a súa confidente á hora de practicar deporte, pídenche consello para porse en forma?
Si que preguntan. As personas que máis recorren a min e me consultan son as que empezan nas instalacións, que non saben moi ben en qué consiste cada actividade.
Na túa opinión, por que a xente debe facer deporte?
Porque a práctica de exercicio físico mellora a calidade de vida, reduce o risco de sufrir enfermidades cardíacas, hipertensión, obesidade, etc. Amais, o deporte axuda a que se reduza considerablemente o nivel de estrés.

Pin It