Celebra con nós o lado deportivo do Entroido

Diversión e deporte danse a man nestas datas nas instalacións deportivas de Compostela. No Multiusos Fontes do Sar e no Complexo Deportivo Santa Isabel queremos celebrar con todos vós lado deportivo do Entroido con moitos agasallos para os que vos animedes a facer deporte disfrazados.
Haberá clases de actividades con coreografías temáticas, cheas de cores e animación grazas á aportación dos usuarios. Fala co teu instructor para saber que actividades extraordinarias ten programadas. Amais, os usuarios que acudades disfrazados ás instalacións podedes participar nun particular concurso que premiará as instantáneas máis simpáticas do Entroido deportivo. Os participantes tedes que enviar as vosas fotografías máis divertidas á dirección de correo electrónico entroido@multiusos.net, para que as imaxes saian publicadas na páxina web e no Facebook e poidades optar a gañar magníficos agasallos, que inclúen sesións de beleza no centro de estética Multiestetic.
Animádevos a participar no Entroido deportivo!

Pin It