Este sábado é a clausura da LIGA DE PÁDEL DE SAR. Consulta aquí calendario, resultados e clasificación.

O sábado 12 de maio celebrarase unha xornada de clausura da I Liga de Pádel de Sar na que se decidirá o gañador da liga masculina. Están invitados todos os participantes das dúas categorías.
Liga masculina: os dous mellores de cada grupo e os dous mellores terceiros conformarán o cadro final polo título de liga. Deste xeito haberá ronda de cuartos de final, semifinais e final. Desta volta os partidos xogaranse ao mellor de tres sets (con tie break) agás os de cuartos de final, que haberá que xogalos a 9 xogos e antes do sábado 12 de maio. Para confeccionar o cadro faremos un sorteo tendo como cabezas de serie aos primeiros clasificados de cada grupo e ao mellor segundo.
Batalla de 3 xogos: o resto de participantes na liga, tanto masculina como feminina, competirán, se así o desexan, nunha batalla na que iremos xogando partidos rápidos de 3 xogos. Trátase de pasar un bo rato xogando ao pádel, polo que se poderán mesturar as parellas (participarán monitores e tamén haberá mixtos), así que se ti podes vir pero a túa parella non, non te preocupes que xogarás igualmente se así o queres. Ao final, contabilizaremos que persoas gañaron máis batallas e serán elas as que leven o premio.
• NOTA: no caso de contar cun número elevado de participantes, cambiarase o formato de xogo a super-tie break para alixerar as batallas.
Empezaremos ás 15 horas con batallas de 3 xogos e seguiremos ata que remate a xornada, sobre as 20:30. A esa hora terá lugar a entrega de premios e tamén poderemos desfrutar duns pinchos. A orde de xogo para o cadro masculino será a seguinte:
•1ª semifinal: 16:00
•2ª semifinal: 16:30
•Final: 19:00
Premios categoría masculina e feminina:
1º clasificado: trofeo + vales desconto en CENTRO DEPORTIVO +2 usos de pista
2º clasificado: vales desconto CENTRO DEPORTIVO + 1 uso pista
Gañadores batalla 3 xogos: vales desconto CENTRO DEPORTIVO.

Tamén sortearemos usos de pista e vales de desconto en CENTRO DEPORTIVO para o resto de participantes que se acheguen e que non obtiveran ningún premio.

CALENDARIO DE COMPETICIÓN:

Liga feminina
Liga masculina grupo A
Liga masculina grupo B
Liga masculina grupo C

RESULTADOS:

Resultados da primeira xornada de liga
Resultados da segunda xornada de liga
Resultados da terceira xornada de liga
Resultados da cuarta xornada de liga
Resultados da quinta xornada de liga
Resultados da sexta xornada de liga
Resultados da sétima xornada de liga
Resultados da oitava xornada de liga
Resultados da novena xornada de liga

CLASIFICACIÓN:

Clasificación Liga de Pádel de Sar

Pin It