En outubro empeza un novo curso de PER no Multiusos Fontes do Sar

Comeza a tempada de náutica no Multiusos Fontes do Sar cun curso de PER (Patrón de Embarcacións de Recreo). Os alumnos, como é habitual nestos populares cursos que teñen lugar na Aula Náutica da instalación, terán un exame extraordinario e poderán realizar as prácticas obrigatorias a prezos especiais antes ou despois do exame.
O luns día 1 de outubro, ás 20.00 h., será a presentación e entrega de materiais deste curso que se impartirá en modalidade semipresencial, combinando as clases presenciais con un curso “on line” de última xeración. As clases presenciais comezarán ao día seguinte, martes 2 de outubro, e serán todos os martes de 20 a 22 h. ata o 20 de novembro. Os grupos son reducidos, polo que se hai moita xente se formarán outros en diferentes días. O examen, extraordinario e específico para este curso, celebrarase na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira o 21 de novembro pola tarde.
O PER (Patrón de Embarcacións de Recreo) é o título náutico máis demandado. Permite o manexo de embarcacións de ata 12 m. de eslora sen límite de potencia ata 12 millas da liña que discorre paralela á costa, así como a navegación interinsular nos arquipélagos canario e balear. Tamén inclúe o uso de calquera clase de motos acuáticas. O único requisito necesario é ter 18 anos no momento do exame o 16 con permiso dos pais.
O prezo do curso teórico é de 280 € para os abonados ao Multiusos do Sar ou o C.D. Santa Isabel e de 310 € para o resto. Os prezos inclúen IVE, inscrición ao curso “on line” e material.
Este curso está organizado pola Escola náutica Portomeloxo, homologada pola Xunta de Galicia co indicativo XGEN 021, e o Multiusos do Sar de Santiago de Compostela dentro do programa Náutica Popular que ambas entidades veñen desenvolvendo conxuntamente.
Para inscribirse basta con solicitalo enviando un email a cursosnautica@multiusos.net e pagar o importe correspondente mediante transferencia ou en efectivo o mesmo día da presentación. Admite o pago fraccionado e se algún alumno non supera o exame pode acudir ao seguinte curso de forma gratuíta. Toda a información en www.portomeloxo.com.

Pin It