O 26 de xaneiro preséntase un novo curso de PER no Multiusos Fontes do Sar

A escola náutica Portomeloxo e o Multiusos Fontes do Sar poñen en marcha un novo curso para obter o título de Patrón de Embarcacións de Recreo no primeiro trimestre do ano.

Atribucións:
Manexo de embarcacións de ata 12 m. de eslora e sen límite de potencia en áreas de navegación de ata 12 millas da costa. Tamén toda clase de motos acuáticas.
Presentación:
Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar. Sábado, 26 de xaneiro, 10.00 h.
Modalidade:
Semipresencial (combínanse as clases presenciais con un curso “on line” tutorizado)
Clases:
8 clases presenciais de dúas horas cada unha, os martes días 29 de xaneiro, 5, 12, 19 e 26 de febreiro e 5, 12 e 20 de marzo (mércores, pois o 19 martes é festivo). Horario de 20.15 a 22.15 horas na mesma Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar.
Exame Extraordinario:
21 de marzo, xoves. (esta data é provisional pois pode sufrir algunha variación)
Prezos:
280 Abonados, 310 non abonados. Pódese pagar por transferencia previa á presentación ao nº de conta 0182 0267 13 0201551355 ou pagar en efectivo o día da mesma.
Prácticas:
Pódense facer antes o despois do exame teórico e con condicións e prezos especiais.
Inscricións:
Solicitala en cursosnautica@multiusos.net . Máis info en multiusos.net ou T/ 616217619 (Pedro Puialto)
Organizan:
Multiusos Fontes do Sar e Escola Náutica Portomeloxo dentro do seu programa Náutica Popular

Pin It