Á venda as entradas para ver a Bunbury o 7 de xuño no Multiusos Fontes do Sar

A nova xira de Enrique Bunbury chega a Galicia no 2014 dentro do ciclo Compostela Rock. A cita será o sábado 7 de xuño no Multiusos Fontes do Sar (Santiago .D.C) con apertura de portas ás 20.00h e hora prevista de comezo do concerto ás
21.30h. As entradas, a 40€ + gastos, están dispoñibles a través da Rede Ticketmaster (web, Halcón Viajes, Carrefour, FNAC), web de Novagalicia Banco, marcaentradas.com
e o Despacho de billetes do Teatro Principal en Santiago. Bunbury publicou o seu novo álbum ‘Palosanto’ o 29 de outubro, que chega dous anos despois do seu último disco (‘Licenciado Cantinas’), producido polo propio Bunbury coa axuda de
Ramón Gacías. Dividido en dúas partes, ‘Palosanto’ inclúe as seguintes cancións: ‘Despierta’, ‘Más alto que nosotros sólo el cielo’, ‘Salvavidas’, ‘Los inmortales’, ‘Prisioneros’, ‘Habrá una guerra en las calles, ‘Destrucción masiva’,
‘El cambio y la celebración’, ‘Hijo de Cortés’, ‘Mar de dudas’, ‘Miento cuando digo que lo siento’, ‘Nostalgias imperiales’, ‘Plano secuencia’, ‘Causalidades’ e ‘Todo’.

Pin It