MELENDI ofrecerá no Multiusos o seu único concerto en Galicia este ano

O asturiano Melendi celebra neste ano 2014 unha década de éxitos sobre os escenarios, e para conmemoralo ten preparada unha xira de concertos que fará unha única parada en Galicia, no compostelán Multiusos Fontes do Sar. Será o sábado
14 de xuño a partir das 22 horas. A entrada anticipada ten un prezo de 22€ + gastos, e xa se poden adquirir a través da web www.entradas.com, e a partir do venres 21 de febreiro pola tarde tamén na recepción do Multiusos Fontes do Sar e no punto de atención ao cliente do centro comercial As Cancelas, na planta 0, en horario de luns a sábado de 10:00 a 21:00 horas.
O cantantautor nacido en Oviedo ofrecerá dúas horas de actuación cunha espectacular posta en escena de luces e son. O seu concerto será un repaso por todos os grandes éxitos da súa carreira, dende os máis actuais aos dos inicios, como «Caminando por la
vida», «Sin noticias de Holanda», «El Informe del Forense», «Desde mi ventana», «Un recuerdo que olvidar», «Novia a la fuga», «Gangs of London», «Kisiera yo saber»… E moitas outras que Melendi non toca en directo nos últimos anos e que
serán unha homenaxe a todos os seguidores que despois de tanto tempo seguen asistindo aos seus concertos coa mesma enerxía que en 2004. Melendi conta con 6 discos no mercado e máis de 1.5000.000 de copias vendidas. No seu percorrido musical
ten recollido multitude de galardóns, como o premio Ondas, o premio da Música ou premios 40 Principales.

Pin It