Esta Navidad vuelve el CAMPUS SAR! Inscripción para abonados a partir del 24 de noviembre

CAMPUSNADALWEBEste Nadal os nenos e nenas de Compostela poderán volver desfrutar da programación multidisciplinar do Campus Sar, que terá lugar no Multiusos Fontes do Sar entre o 22 de decembro e o 7 de xaneiro. O tenis, o pádel, a natación, o inglés e os obradoiros centrarán a formación e o entretemento dos máis pequenos, aínda que tamén haberá momento para outras actividades como o fútbol sala, o baloncesto, o baile, os xogos cooperativos, etc.

O campamento navideño está destinado aos rapaces e rapazas de entre 4 e 12 anos de idade. As actividades desenvolveranse na piscina, pistas de pádel e tenis de Sar, no hall de entrada, pistas central e polideportiva, e salas de actividades do Multiusos de luns a venres entre as 8:45h e as 14:30h, con posibilidade de ampliar o horario de 8 a 15 horas.

Día tipo no Campus
8.45-9.15. Recepción no hall.
9.15-11.15. Inglés, actividades deportivas, xogos, obradorios.
11.30-12.30. Natación e merenda.
12.30-14.00. Pádel e tenis.
14.00-14.30. Recollida no hall.

Inscrición

De maneira presencial en calquera das tres recepcións. Dende o 24 de novembro de 2014 só para abonados, a partir do 1 de decembro para non abonados. O prezo por día para abonados é de 9,90 €, e o suplemento de ampliación no caso de que o desexen será de 3€. Para os non abonados o prezo por día é de 14,90€, e o suplemento de ampliación suporá un desembolso de 5€.

Se desexas máis información podes consultarnos en recepción das instalacións, escribirnos un correo a campussar@multiusos.net ou chamarnos ao teléfono 981 568 160.

Pin It