Abierta la inscripción para el Campus Sar de Entroido

CAMPUSSARNENTROIDO2017Como noutros períodos vacacionais, o Campus Sar regresa ás instalacións do Multiusos Fontes do Sar no Entroido. Os días 27 e 28 de febreiro e 1 de marzo os rapaces poderán desfrutar dunha completa programación con actividades formativas e de lecer dende as 8.45 ás 14.30 horas. O período de inscrición para o campamento está aberto tanto para abonados aos centros como para non abonados.
O Campus Sar está destinado a nenos e nenas de entre 4 e 12 anos. As principais actividades que contempla son o pádel, o tenis e a natación, aínda que tamén hai tempo para o fútbol, o baile, a psicomotricidade, o baloncesto, os xogos cooperativos, xogos tradicionais e moito máis. O prezo é de 9 € ao día para os abonados e de 13 € para os non abonados ás instalacións deportivas. 

Pin It