Novos cursos de PER, PNB e Patrón de Iate no primeiro trimestre do ano

En febreiro comezarán novos cursos de formación de Patrón de Iate, PER e PNB na sala de ensinanzas náuticas do Multiusos Fontes do Sar. Se estás interesado, podes anotarte enviando un correo electrónico a info@nauticapopular.com ou cubrindo o formulario dispoñible na web wwwnauticapopular.com.

MODALIDADE MIXTA
Clases presenciais + curso por Internet.
Para Patrón de Iate e PER pode realizarse un curso complementario para habilitación profesional.

PATRÓN DE IATE
· ENTREGA DE DOCUMENTACIÓN E PRIMEIRA CLASE: 22 de febreiro de 10 a 14h
· CLASES PRESENCIAIS: todos os sábados de 10 a 14 h. ata o exame (30 de marzo)
· Requírese ter o título de PER.

PER
· PRESENTACIÓN E ENTREGA DE MATERIAIS: mércores 19 de febreiro 20:30h
· CLASES PRESENCIAIS: todos os mércores de 20.30 a 22.30 h. ata o exame (26 de marzo)
· Requírese ter 18 anos cumpridos antes do exame.

PNB
· PRESENTACIÓN E ENTREGA DE MATERIAIS: mércores 19 de febreiro 20:30h
· CLASES PRESENCIAIS: todos os mércores de 20.30 a 21.00 h. ata o exame (25 de marzo)
· Requírese ter 18 anos cumpridos antes do exame ou 16 co permiso dos pais.

PREZOS (curso teórico)
PATRÓN DE IATE: Abonados: 410€ / non abonados 430€
PER: Abonados: 280€ / non abonados: 310€
PNB: Abonados: 180€ / non abonados: 210€
(IVE e material de estudo incluidos)

PRÁCTICAS oficiais antes ou despois do exame. O día da presentación do curso comunicaremos as datas.

Pin It