Nuevo servicio para los niños y niñas: Tardes Multixogo

A partir do 11 de abril empezaremos a ofrecer un servizo de actividades con monitor/a para a cativada de 4 a 14 anos, GRATIS para abonos familiares! Para que o teu fillx desfrute e aproveite o tempo mentres ti ves ao ximnasio, vas a unha clase dirixida, tomas un café na nosa cafetaría, vas a un tratamento en Multiestetic… o que sexa!

–  Aberta a partir do 11 de abril de luns a xoves de 17.30 a 20h nunha parte do hall do Multiusos
–  Haberá unha ZONA DE XOGOS (con inchables, parque, actividade física) e outra zona con contos, obradoiros, zona libre de estudio…
–  GRATIS para abonos familiares · Dende 1€/hora para o resto de abonos · Dende 3€/hora non abonadxs. Teremos bonos por horas á venda en recepción que irán canxeando en función das horas que veñan os nenxs.

Descarga a APP Multisan e poderás desfrutar dunha tarde gratis a primeira semana de apertura (días 11, 12 e 13 de abril).

Pin It