CAMPUS SAR: abrimos inscrición e incorporamos servizo de COMEDOR

A partir do 20 de abril abrimos a inscrición do Campus Sar deste verán, que este ano ten como principal novidade a incorporación do servizo de comedor, con opción de recollida ata as 16h.

IDADES
Para rapaces de entre 4 e 16 anos.

ACTIVIDADES
Actividades ao aire libre · actividades deportivas · actividades acuáticas · piscina · obradoiros temáticos · actividades en inglés · baile · xogos tradicionais · clases dirixidas

ESPAZOS
Levarase a cabo no hall de entrada do Multiusos e zona exterior dos arredores, pistas de pádel e tenis, salas de actividades, piscina…

TEMPORIZACIÓN

Dende o xoves 22 de xuño ata o comezo das clases no mes de setembro, en quendas semanais.

HORARIOS
De luns a venres con diferentes posibilidades:

– Horario do Campus: 8.45 a 14.30 horas

– Ampliación de mañá (opción de almorzo): 8.00 a 14.30 horas

– Ampliación de tarde: 8.45 a 15 horas

– Ampliación completa: 8.00 a 15 horas

– Comedor: o horario será de 14:30 a 16:00. A recollida será na cafetería do Multiusos.

INSCRICIÓN

–  De maneira presencial na recepción do Multiusos ou de Santa Isabel.

–  Dende o 20 de abril de 2023 para abonados/as e dende o 1 de xuño para non abonados/as.

Descarga aquí a folla de inscrición: INSCRICIONCAMPUSSARVERÁN2023

Pin It