TITULACIÓNS NÁUTICAS. Todos os alumnos do último curso de Patrón de Iate aprobaron a proba teórica.

Na última edición do curso de Patrón de Iate, organizado polo Multiusos Fontes do Sar e a Escola Náutica Portomeloxo en colaboración con Caixa Galicia, todos os alumnos que se presentaron ao exame teórico lograron superar a proba. Isto confirma o importante esforzo realizado polo alumnado, así coma a calidade dos cursos impartidos no centro.
Noutro orde de cousas, o sábado 30 de maio iniciouse unha nova edición de cursos para acadar o título de Patrón para a Navegación Básica, co obxectivo de que os interesados poidan dispoñer dos títulos náuticos obrigatorios para o manexo de embarcacións deportivas antes do inicio das vacacións de verán. Este título é o primeiro dos títulos oficiais obrigatorios para o manexo de embarcacións de recreo e suficiente para los que desexan pilotar embarcacións que non sexan demasiado grandes. Permite o manexo de embarcacións de ata 7,5 metros de eslora e sin límite de potencia se son de motor, ou de ata 8 m. se son de vela, amais de toda clase de motos acuáticas, ata 5 millas dun lugar de abrigo.
Amais da presentación, que tivo lugar o 30 de maio, haberá outras dúas clases presenciais os sábados días 13 e 27 de xuño, de 10 a 14.00 h., e se celebrará un exame extraordinario para estes alumnos o 6 de xullo na Escola Náutico Pesqueira de Ribeira. Como é habitual, as clases terán lugar na Aula Náutica do Multiusos Fontes do Sar e será de modalidade mixta ou semipresencial, é dicir que amais das clases presenciais, a cargo dun capitán da mariña mercante especializado en ensinanzas náuticas, os alumnos quedan suscritos a un curso por Internet de última xeración co que poden optimizar o tempo dispoñible estudiando en calquera momento e lugar. O prezo é de 170 euros para abonados ao Multiusos Fontes do Sar ou ao Complexo Deportivo Santa Isabel e clientes de Caixa Galicia, e de 190 para o resto. En canto ás prácticas oficiais obrigatorias, se fará tamén un prezo especial para estes alumnos: as de radiocomunicacións máis as de motor custarán 200 euros e se se fan tamén as de vela o total será de 300 euros.
O índice de aprobados nestes cursos xa tradicionales do Multiusos e a Escola Náutica Portomeloxo é moi alto. Amais, os que suspenden poden volver asistir a cursos sucesivos sen coste adicional ata que aproban.
Os interesados poden matricularse no Multiusos Fontes do Sar de Santiago.

Pin It