Paula Barrio Rey, instructora de natación no Complexo Deportivo Santa Isabel
Nove son os meses de espera, e moitos e de gran trascendencia son os cambios que sofren as mulleres, que viven o embarazo en toda a súa intensidade. A actividade física é fundamental para que as mulleres embarazadas se sintan ben, tanto física como psicolóxicamente. O exercicio resulta máis necesario que nunca xa que nos axuda a eliminar líquidos, a queimar calorías para evitar o sobrepeso, a preparar os músculos para o parto e a obter unha mellor e máis pronta recuperación despois do parto.
¿Por que é recomendable que a muller embarazada realice actividades acuáticas? A auga é o medio ideal para que as mulleres en estado de xestación realicen exercicio, xa que é un dos deportes que prácticamente non presenta riscos se se practica con coidado e baixo o asesoramento dun profesional. A capacidade de flotación e ingravidez que proporciona o líquido elemento permite ás futuras nais unha liberdade de movementos imposible de realizar en terra firme. As posicións horizontais que se poden adoptar na auga van facilitar unha mellor distribución do peso do cuerpo e con iso a posibilidade de relaxación de partes do corpo que durante o día están sobrecargadas. Esta sensación de lixereza no peso do corpo e o aumento da mobilidad permite ás mulleres embarazadas realizar posturas que no seu día a día lles resultarían moi incómodas, case imposibles.
Mellora a forza, a elasticidade e a resistencia. As actividades acuáticas neste colectivo permiten traballar a forza e, como consecuencia, tonificar os músculos que máis sofren no embarazo, mellorar a elasticidade, activar a circulación sanguínea e mellorar a resistencia cardiorrespiratoria. Todo isto nos leva a pensar en que as actividades na agua para as mulleres xestantes son unha moi boa alternativa.
Comparten a experiencia con outras mulleres embarazadas. Non nos podemos esquecer do factor psicolóxico, tan importante nas mulleres embarazadas. As relacións interpersoais nas futuras nais poden chegar a ter unha intensidade maior que en outros grupos de actividades físicas compartidas. Na auga elas poden compartir unha experiencia inigualable con outras mulleres coas que poden entenderse á perfección porque tamén están vivindo a mesma experiencia.
Estilos de natación máis recomendados para este colectivo. A mariposa é o único estilo que os expertos descartan á hora de que as mulleres embarazadas se desplacen pola auga. A braza, sen embargo, sempre que se realice de xeito suave e controlad, poderíase calificar como o estilo por excelencia para este colectivo; permite reforzar aqueles músculos que máis cambios ou máis peso sofren no embarazo (espalda, pectoral, pernas) e todos aqueles que cobran protagonismo durante o parto (perineo, glúteos, abductores, abdominais…). O nado de espalda é o máis recomendado en aquelas mulleres que presentan dores cervicais, dorsais ou lumbares; nesta posición logramos que o corpo descanse e se relaxe de todo o estrés acumulado durante o día. O crol, pola súa parte, presenta dificultades de coordinación e resulta moito máis cansado, pero é moi beneficioso desde o punto de vista cardiorrespiratorio.
Exercicios variados que melloren o benestar da muller. De todos xeitos as actividades na auga para as mulleres embarazadas non se deben cinguir aos estilos clásicos de natación comentados, xa que isto sería un erro. O que buscamos é un uso do medio acuático máis amplo que enriqueza a motricidade, a musculatura e a resistencia cardiorrespiratoria, apoiándonos na realización de todo tipo de exercicios e variedades de desprazamentos.
O Complexo Deportivo Santa Isabel ofrece clases de natación para embarazadas. Para que a muller se sinta asesorada durante o nado e para que a guíen na correcta realización de actividades baixo a auga, o Complexo Deportivo Santa Isabel inclúe na súa oferta de cursos de natación clases específicamente deseñadas para este colectivo. A muller embarazada pode así beneficiarse de todas as vantaxes que conleva a realización de actividade física dun xeito seguro e efectiva.