Aberta a inscrición para un novo curso de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas no Multiusos

O sábado 4 de febreiro comezará no Multiusos Fontes do Sar unha nova edición dos cursos de salvamento e socorrismo en instalacións acuáticas e espazos acuáticos naturais para o que xa está aberta a inscrición. O venres 3 de febreiro ás 17h, haberá unha reunión informativa á que poden asistir todos os interesados.
A formación terá unha duración de 10 semanas cunha carga horaria de 520 horas, das que 140 serán presenciais, e permitirá obter o título necesario para traballar en espazos acuáticos de toda España. O curso desenvolverase nas instalacións do recinto e mais nas piscinas Fontes do Sar os venres pola tarde, os sábados todo o día e os domingos pola mañá. Os alumnos adquirirán durante a formación coñecementos de natación, primeiros auxilios, prevención de accidentes, rescate de accidentados… Os que acaden o certificado pasarán a formar parte dunha bolsa de traballo.
En total ofértanse 30 prazas para este curso, que se irán cubrindo por rigoroso orde de matriculación. O prezo xeral é de 390 € -pódese fraccionar o pago-, cun 10% de desconto para abonados do Multiusos Fontes do Sar, Complexo Deportivo Santa Isabel e Sadega. As persoas que precisen máis información poden dirixirse á recepción das instalacións ou chamar ao teléfono 981 568 160.

DESCARGA AQUÍ A TÚA FOLLA DE INSCRICIÓN.

Pin It