Rescata o teu pasaporte á lonxevidade ou solicita outro nos centros MultiSan e apresúrate a cubrilo! Se o entregas correctamente selado nos meses de setembro ou outubro, amais de conseguir unha camiseta exclusiva co lema “No MultiSan gaño vida”, descontarémosche 10€ na túa seguinte mensualidade no gym!*
Que é o Pasaporte á Lonxevidade?
Numerosos estudos científicos teñen manifestado ao longo dos anos que realizar exercicio físico con regularidade contribúe na mellora da lonxevidade e a calidade de vida. Sen ir máis lonxe, unha investigación publicada en 2024 no British Journal of Sports Medicine evidenciaba que os deportes de raqueta podían aumentar a esperanza de vida en case 10 anos e a natación en 3,4 anos.
O pasaporte á lonxevidade é un documento con formato de pasaporte no que atoparás retos saudables para facer nos centros MultiSan (MULTIusos Fontes do Sar e SANta Isabel) que che axudarán a gañar en saúde, en benestar e a VIVIR MÁIS E MELLOR.
Como funciona?
1. Recolle o teu pasaporte en calquera das tres recepcións (Multiusos, piscina de Sar, Santa Isabel), en cafetaría ou no centro de estética.
2. Cumpre con 4 dos retos que atoparás en cada un dos 4 bloques do pasaporte (actividades acuáticas, adestramento en sala, actividades dirixidas e actividades especiais). Cada vez que comeces e remates un desafío, avisa ao instrutor/a de sala, ao persoal de control de accesos ou ao persoal de salvamento e socorrismo de piscina, en función do reto do que se trate.
3. Unha vez consigas facer os 16 retos e teñas selado o pasaporte ao completo, entrégao na recepción dos centros e regalarémosche unha camiseta exclusiva de MultiSan. Se o entregas cuberto en setembro ou outubro, terás tamén un desconto de 10€ na seguinte mensualidade do ximnasio (a oferta estará limitada aos primeiros 100 pasaportes entregados en setembro e os 100 primeiros entregados en outubro).
*A promo ten algunha condición?
1. A promoción está limitada a 1 pasaporte semestral por persoa.
2. A promoción actual está limitada a 100 pasaportes en setembro e 100 pasaportes en outubro de 2025.