Quen Somos

XesMultiusosextertión de Actividades Deportivas e Espectáculos S.L. xestiona dende o ano 2001 as instalacións deportivas do Multiusos Fontes do Sar e do Complexo Deportivo Santa Isabel. Traballamos cada día para ofrecer aos composteláns unha oferta deportiva e de lecer heteroxénea e de calidade, acorde sempre ás demandas da sociedade. O noso principal obxectivo é mellorar a túa calidade de vida e o teu benestar.

Poñemos á túa disposición preto de 15.000 m2 dedicados á práctica deportiva: piscinas de verán e de inverno, 5 pistas de pádel e 1 de tenis, salas de musculación e cardiovascular, 14 salas de actividades dirixidas, pista central multiusos…

  • O Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel contan con máis de 11.000 usuarios.
  • As instalacións deportivas permanecen abertas durante máis de 100 horas á semana.
  • O número de actividades dirixidas sobrepasa as 15.000 sesións ao ano. O Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel son os centros con maior oferta de actividades de toda Galicia.
  • Os cursos de natación que se programan ao longo do ano contan con máis de 3.000 usos, e os cursos de pádel e tenis que se desenvolven nas pistas de Sar suman case 1.000 usos.
  • As piscinas de verán rexistran máis de 20.000 usos na época estival.
  • Somos un centro de referencia en Galicia na formación de profesionais do mundo de fitness. Acollemos de forma regular cursos de formación e reciclaxe de Zumba Fitness e actividades Les Mills.
  • As nosas instalacións son Zonas Cardioprotexidas, espazos que contan con equipos desfibriladores e persoas adecuadamente formadas como para poder garantir unha actuación rápida e eficientemente contra os paros cardiacos repentinos ata a chegada dos servizos de emerxencia.
  • O Multiusos Fontes do Sar e o C.D. Santa Isabel acollen os adestramentos e competicións de varios dos clubs federados da cidade de Santiago: o Monbus Obradoiro, o Arteal Tenis de Mesa, o Club de Natación Ciudad de Santiago, o Club de Triatlón Arcade Inforhouse, o Club de Triatlón Dexter e o Club Waterpolo Santiago.
  • O Multiusos Fontes do Sar programa unha media de 7-8 eventos musicais e culturais ao ano. Mark Knopfler, Shakira, Alejandro Sanz, Michael Nyman, Van Morrison, Joaquín Sabina, Calamaro, Fito & Fitipaldis, Cirque du Soleil, Ópera Carmina Burana, Ópera Aída… foron algún dos conciertos e espectáculos que se celebraron no recinto.