Política de Privacidade

1. Responsable do Tratamento

O Responsable do Tratamento corresponde co do titular do sitio web, cuxos datos completos figuran no aviso legal.

2. Datos tratados, finalidades e prazo de conservación

2.1 Datos tratados: Aos efectos da solicitude de información ou de contacto, a subscrición nos nosos boletíns ou newsletters, a remisión do curriculum ou o rexistro como Usuario, deberanse facilitar uns datos a través dos formularios dispostos, nos que se indicarán cales deles teñen o carácter de obrigatorio.

Durante a navegación obtemos datos que nos aportan información sobre usabilidade e preferencias dos usuarios, segundo os termos e condicións que se prevén expresamente no apartado de cookies. Dentro destas, utilízanse algunhas que permiten interactuar con redes sociais ou outras plataformas externas directamente dende a Web. O xeito de interactuar do Usuario e a información obtida durante a súa navegación estarán sometidas á configuración de privacidade do propio Usuario en cada rede social, podendo incluso esas plataformas obter algunha información da súa navegación, aínda que o usuario non faga uso dos seus servizos.

2.2 Finalidades: As finalidades serán as seguintes

  • Contacto: O correo electrónico ou o teléfono facilitado para o contacto, serán utilizados para unha efectiva contestación ás cuestións prantexadas.
  • Boletíns ou newsletters: O correo electrónico, o cal deberá ser verificado polo usuario, ou outros similares, como poida ser o teléfono, serán utilizados para a remisión dos boletíns ou newsletters, de acordo aos seus intereses.
  • Traballa con nós: O envío dos datos curriculares serán utilizados para a súa utilización en procesos de selección, presentes e futuros, se ben XADE se reserva o dereito a eliminar directamente a información facilitada.
  • Rexistro de usuario: Os datos aportados serán utilizados para a xestión da conta, a compra online de recursos ou a reserva das nosas instalacións.

2.3 Conservación. O prazo de conservación será o seguinte

  • Boletíns ou newsletters: Os datos serán tratados, dende que o usuario preste o seu consentimento ata a retirada do mesmo, o cal poderá outorgarse cantas veces queira. En cada comunicación, o usuario atopará un procedemento gratuíto e accesible para xestionalo, así como o dispoñible na páxina web.
  • Remisión de curriculos: Os datos serán tratados, dende a súa recepción, por un período de dous anos, salvo que o usuario faga chegar antes a súa solicitude de cancelación.
  • Rexistro de usuario: Os datos serán conservados durante toda a relación e, finalizada ésta, polo menos 5 anos máis, en cumprimento da normativa fiscal e contable, á que está suxeita XADE.

3. Exercicio de dereitos. 
Calquera persoa ten dereito a obter confirmación sobre se se está procedendo ao tratamento de datos persoais que lle conciernan, ou non. As persoas interesadas teñen dereito a si acceder aos seus datos personais, así como a solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión cando, entroutros motivos, os datos xa non sexan necesarios para os fins que foron recollidos. En determinadas circunstancias, os interesados poderán solicitar a limitación do tratamento dos seus datos ou opoñerse ao tratamento dos mesmos, en cuxo caso unicamente os conservaremos para o exercicio ou a defensa de reclamacións. Para elo, os usuarios poderán (i) Mediante correo electrónico á dirección lopd@multiusos.net ; o (ii) Por carta a Rúa Diego Bernal s/n, Santiago de Compostela, incluíndo en ambos casos unha fotocopia do documento nacional de identidade ou documentación acreditativa equivalente. En caso de que desexe exercer o dereito de portabilidade, XADE facilitará eses datos ao novo Responsable.

4. Lexitimación do tratamento 
A base legal para o tratamento dos datos facilitados será (i) o consentimento outorgado polo usuario para o tratamento dos seus datos persoais, para un ou varios fins específicos; (ii) a satisfacción dos intereses lexítimos de XADE e; (iii) a execución dun contrato no que o usuario é parte, ou para a aplicación de medidas precontractuais. O consentimento será sempre revocable e poderá exercerse en calquera momento.

5. Destinatarios e cesións

XADE non realizará cesións de datos, salvo as expresamente contempladas na lexislación vixente.