Fito & Fitipaldis visitará Santiago de Compostela o sábado 29 de novembro de 2025 dentro da súa xira “Aullidos Tour”.
As canles oficiais para a compra de entradas son livenation.es, fitoyfitipaldis.com e ticketmaster.es.
As entradas para este concerto están esgotadas.
Información útil para o concerto
Data
Sábado, 29 de novembro de 2025
Horarios
19:00 h – Apertura de portas
20:30 h – Inicio do concerto
Aparcadoiro
Ademais do aparcadoiro do Multiusos Fontes do Sar, estará dispoñible tamén a zona de estacionamento da Cidade da Cultura.
Transporte público
Poderás chegar ao Multiusos Fontes do Sar en autobús (prezo do tique: 1 €).
Servizos de IDA
Servizo lanzadeira continuo desde a rúa da Rosa:
De 18:00 a 20:30 h
Liña C11:
Frecuencia habitual os sábados pola tarde: cada 15 minutos.
Entre as 18:00 e as 20:30 h, todos os servizos que pasan por Xeneral Pardiñas prolongaranse ata o Multiusos.
Fóra deste horario, a parada máis próxima ao recinto é na rúa de Londres (cruce con Fontes do Sar).
Paradas céntricas de referencia: Xeneral Pardiñas, Praza de Galicia, Ensinanza e Virxe da Cerca.
Servizos de VOLTA
Servizo lanzadeira de regreso á rúa da Rosa:
De 22:30 a 00:00 h, con autobuses dispoñibles á saída do evento.




