Como novidade para arrincar este 2026 ao máximo nivel, temos o pracer de anunciar que MultiSan xa forma parte da familia Hyrox.
Que significa isto para ti? Se buscas un reto que combine resistencia e forza funcional, este é o teu sitio.
1. Sesións específicas deseñadas para levar o teu rendemento ao seguinte nivel.
2. Técnica avanzada nos movementos clave: Sled Push, Burpees Broad Jump, Wall Balls e moito máis.
3. Preparación real para a competición de fitness de moda.
O MELLOR? Estas sesións están incluídas no teu abono. Sen custes extra, só máis enerxía.
Poderás consultar todos os horarios na nosa grella de actividades. E atentas, atentos, porque nas próximas semanas iremos incorporando novas sesións e novidades.



