O Multiusos Fontes do Sar acollerá o 28 de marzo a grande inauguración do Rapants Club, a estrea en directo do novo álbum da banda muradá The Rapants. As entradas para a concerto, no que se poderán escoitar por primeira vez ao vivo os temas do cuarto LP do grupo, poranse á venda este venres 16 de xaneiro, a partir das 12:00 horas, a través da plataforma en liña www.ataquilla.com.
Os muradáns escolleron a súa cidade de adopción, Santiago de Compostela, para dar a coñecer este novo traballo, un álbum cunha sonoridade moi especial que dá conta da evolución do grupo á vez que mantén a esencia e identidade rapante. Con Rapants Club, que verá a luz tamén no mes de marzo, The Rapants atrévese a experimentar. O cuarteto abre a porta a diferentes estilos musicais e con letras máis escuras; mais segue a por en valor o baile, as guitarras frenéticas, as sentenzas románticas e os retrousos memorables, todos eles aderezados coa naturalidade e a honestidade que caracteriza ao grupo.
A inauguración deste Rapants Club será unha gran festa para a música en directo en Galicia, na que os rapantes darán as “jrasias por confi ar” no seu proxecto. A alegría, o bo rollo, os pogos e, por suposto, un intenso tráfi co aéreo daranse cita o sábado 28 de marzo na pista do Sar, nun evento que conta co apoio do Concello de Santiago. Será unha noite na que, ademais de gozar dos novos temas da banda, o público e moi especialmente os ‘rapants fan juligans’ “viaxarán ao profundo” da man do grupo para vibrar con himnos que identifi can a toda unha xeración.
The Rapants abre así no gran recinto indoor compostelán unha nova etapa na que explorará, sen medo, novos escenarios e retos no seu directo, logo de sumar dous anos de grandes éxitos e concertos multitudinarios desde aquel dobre ‘sold out’ que acadou en cuestión de minutos pola estrea de La máquina del buen rollo (Premio MIN ao Mellor Álbum en Galego 2024) na Sala Capitol.
PRESENTACIÓN RAPANTS CLUB
28 de marzo de 2026 Multiusos Fontes do Sar (Santiago de Compostela)
Apertura de portas: 19:00 horas
Entradas á venda o 16 de xaneiro ás 12:00 horas en Ataquilla.com



